Páxinas

A entrevista de traballo I





DÚAS TAREFAS:

* Estas dúas tarefas son para a segunda sesión de clase da semana, realízaas sen buscar información complementaria, só con aquelas ideas que a ti se che ocorran.

1. Ás 16:00 do martes recibes unha chamada, confirmándoche que entraches nunha fase de selección previa e que o mércores ás 16:00 terás unha entrevista de traballo para a oferta de emprego que seleccionaches no xornal (no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno todo aquilo que farías antes de comezar a entrevista. Pídese que a resposta sexa redactada, non en forma de esquema. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

2. Despois de coñecer os tipos de contrato laboral, o currículo e a carta de presentación, agora tócache a ti facer de persoa empregadora. Ás 16:00 do mércores terás unha entrevista coas persoas candidatas ao posto de traballo que quere cubrir a túa empresa (o mesmo que elixiches no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno a entrevista que lles vas realizar ás persoas candidatas. Ten en conta que as túas cuestións deben ter en conta o posto de traballo de que se trate e mais o tipo de contrato que desexes realizar. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

*Queda anulada a actividade do Instagram.
** Elimináronse todos os comentarios en castelán, a lingua vehicular deste blog de aula é o galego. De agora en diante non se publicarán comentarios sen identificación.

10 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  3. Pero, non era que para a segunda sesión de clase da semana, íamos facer actividadea sobre o libro "Europa Express" de Andrea Maceiras?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para a segunda sesión temos o libro.

      A partir da segunda sesión é cando os teredes que ter realizados.

      4B e 4C xa sabían destas actividades desde a clase do venres.

      Só é información nova para 4A que non terán que telas realizadas ata o XOVES da vindeira semana, posto que o mércores teñen sesión do libro.

      Cando protestemos debemos facelo con ARGUMENTOS e non de forma ANÓNIMA.

      Saúdos.

      Eliminar
  4. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  5. Xa me gustaría que alguén llo tivera ensinado ao meu fillo antes de ir a súa entrevista, da que no saíu seleccionado. Parabéns.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

      Eliminar
  7. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar