Páxinas

SETEMBRO 2016

Avaliación extraordinaria de setembro: día 2, 11:00 no SUM

  • Estrutura da proba de avaliación

1 - Tipoloxía textual (instancia, carta comercial, contrato laboral, esquema, entrevista). (3 puntos)
2 - Léxico (oracións). (2 puntos)
3 - Sociolingüística. (2,5 puntos)
4 - Literatura. (2,5 puntos)
___
5 - APARTADO DE LECTURAS OBRIGATORIAS PENDENTES (este apartado pode penalizar a nota un 10% por cada libro sen ler)


  • Preguntas de sociolingüística

- Pregunta de teoría  sobre algún aspecto da historia externa da lingua no primeiro terzo do século XX. (Páxs. 36 a 39 do libro de texto e mapa conceptual do blog.)
- Cales son as sete linguas que podemos atopar no territorio do estado español? (Páxs. 58-59 do libro de texto.)
- Que diferencia o éuscaro do resto das linguas peninsulares?(Páxs. 58-59 do libro de texto.)
- En que partes do territorio español se fala galego? (Páxs. 58-59 do libro de texto.)
- Que linguas son oficiais nalgún territorio do estado español? (Páxs. 58-59 do libro de texto.)
- Que territorio do estado español ten máis linguas oficiais? Cales? (Páxs. 58-59 do libro de texto.)
- Que implica a oficialidade dunha lingua? (Páxs. 58-59 do libro de texto.)

- Sinala que 7 fitos relacionados coa historia do galego se producen dende os anos 70 indicando as súas datas. (Páxs. 182-183)

- Explica os termos: normalización e normativización. (Páxs. 182-183)

- En que ano se creou a RAG? Dende que ano o galego é lingua oficial? De que ano son as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego? De que ano é a reforma parcial das Normas? (Páx. 218)

- Que é o galego estándar? (Páx. 219)
- A lingua galega na posguerra (1936-1975). (esquema da sociolingüística do tema 5)
- A lingua galega de 1975 ata hoxe. (esquema da sociolingüística do tema 12)
- Multilingüismo e plurilingüismo. (páx. 156)
- Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas. Situacións das linguas minorizadas. (páx. 156)


  • Preguntas de literatura

- Sinala as principais etapas da literatura galega indicando a súa datación e se foron períodos de involución ou desenvolvemento. (Páxs. 22 e 23 do libro de texto.)
- A poesía de posguerra (1936-1976). (literatura do tema 6)
- A poesía dende 1975 ata hoxe. (literatura do tema 9)
- A narrativa de posguerra (1936-1950). Os grandes narradores. (literatura do tema 7)
- A narrativa de posguerra. Nova Narrativa Galega. (1950-1975). (literatura do tema 8)
- A narrativa dende 1975 ata hoxe. (literatura do tema 10)
- O teatro dende 1950 ata hoxe. (literatura do tema 11)
- A literatura galega ante os desafíos do séc. XXI. (literatura do tema 12)


*Para calquera dúbida pilarponteclases@gmail.com


Traballo para a semana do 25 de abril


  • Para a primeira sesión da semana:
Páx. 103 - ex. 1.
Páx. 105 - ex. 1, 2, 4.

  • Para a segunda sesión da semana:
Páx. 123 - ex. 1, 2.
Páx. 125 - ex. 4.


  • Para a terceira sesión da semana:
Páx. 141 - ex. 1, 2.
Páx. 145 - ex. 6, 7.

Outros antes ca nós 01


Principiamos un novo proxecto "Outros antes ca nós", en diferentes publicacións iremos recollendo os materiais que consultamos e producimos.


1. Comezaremos visualizando o vídeo O valor das letras, capítulo 19 da serie documental da RTVG Historias de Galicia. Realiza un esquema de cinco puntos sen subepígrafes coas ideas xerais deste documento.











Exame 2ª avaliación




Materia que se vai avaliar no exame:

1. Tipos de texto traballados no curso.
2. Léxico do curso ata o día 6 de marzo de 2016.
3. Cuestións de lingüística

Nas preguntas de lingüística poderán realizarse cuestións como as seguintes:


  1. Que é unha variedade dialectal ou dialecto? En que se diferencia unha lingua dun dialecto?
  2. Todas as linguas teñen dialectos? Xustifica a túa resposta.
  3. Explica as diferenzas entre lingua e dialecto utilizando as seguintes palabras e expresións: linguas románicas, latín, galego, castelán, italiano, éuscaro e portugués.
  4. Cales son os bloques dialectais do galego? Que territorios abrangue cada un deles?
  5. Que trazos caracterizan as falas do bloque occidental? Onde podemos atopalas?
  6. Que áreas dialectais existen no bloque occidental? Indica dúas características lingüísticas de cada unha delas?
  7. Que trazos caracterizan as falas do bloque central? Onde podemos atopalas?
  8. Que trazos caracterizan as falas do bloque oriental? Onde podemos atopalas? 
  9. Cantas linguas existen neste momento do mundo? En cantos Estados se distribúen? Cantas linguas están en perigo de desaparición a curto ou medio prazo? A que fai referencia a expresión "diversidade lingüística"?
  10. Explica os conceptos Estado monolingüe e Estado plurilingüe e sinala exemplos deles.
  11. Que teñen en común o multilingüismo e o plurilingüismo? A que se refire o multilingüismo? A que se refire o plurilingüismo? Poden ser simultáneos multilingüismo e plurilingüismo? Xustifica a túa resposta.
  12. Cantas linguas autóctonas se falan no Estado español? Cales son? 
  13. Onde se fala o galego? Cantos falantes se estima que ten o galego?* Cantos deles están no territorio galego?* Cal é o seu recoñecemento legal? (*Resposta na Galipedia.)
  14. Onde se fala o catalán? Cantos falantes se estima que ten o catalán? Cal é o seu recoñecemento legal? Onde se fala o éuscaro? Cantos falantes se estima que ten? Cal é o seu recoñecemento legal?  
  15. A que fan referencia os conceptos "lingua maioritaria" e "lingua minoritaria"?
  16. Sinala as diferentes situacións en que se pode atopar unha lingua en función do seu recoñecemento legal.  
  17. Cales son os principais cambios sociais en Galicia a finais do século XX?
  18. Que sinala en canto á lingua a Lei Xeral de Educación? De que ano é? Que sinala en canto á lingua o Decreto de 1975?
  19. Que sinala en canto á lingua a Constitución Española? De que ano é?
  20. Que sinala en canto á lingua o Estatuto de Autonomía de Galicia? De que ano é? Que sinala o artigo 5º, 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia?
  21. Que sinala en canto á lingua a Lei de Normalización Lingüística? Que establece en relación ao ensino do galego? De que ano é?
  22. A que se refiren as expresións "uso normal" e "uso oficial" do galego? Que 3 elementos deben conxugarse para que se dea a normalización?
  23. Que é a variante estándar dunha lingua?
  24. Características da variante estándar da lingua galega.
  25. Cando unha comunidade desenvolve de xeito "normal" a súa lingua propia?
  26. Dende cando houbo intentos de crear unha normativa para a lingua galega e que normativas houbo ao longo dos séculos XX e XXI?
  27. Principal lexislación lingüística.
  28. Evolución do galego no ensino.
  29. Indica dúas ideas para traballar cada unha das compoñentes dunha actitude lingüística nun adolescente.
  30. Indica tres prexuízos sobre o galego que podemos atopar na sociedade.

Prexuízos lingüísticos











Control 2ª avaliación



Materia que se vai avaliar no control:

1. Tipos de texto traballados no curso.
2. Léxico do curso ata ese día.
3. Cuestións de lingüística

Nas preguntas de lingüística poderán realizarse cuestións como as seguintes:


  1. Que é unha variedade dialectal ou dialecto?
  2. En que se diferencia unha lingua dun dialecto?
  3. Todas as linguas teñen dialectos? Xustifica a túa resposta.
  4. Explica as diferenzas entre lingua e dialecto utilizando as seguintes palabras e expresións: linguas románicas, latín, galego, castelán, italiano, éuscaro e portugués.
  5. Cales son os bloques dialectais do galego? Que territorios abrangue cada un deles?
  6. Que trazos caracterizan as falas do bloque occidental? Onde podemos atopalas?
  7. Que áreas dialectais existen no bloque occidental? Indica dúas características lingüísticas de cada unha delas?
  8. Que trazos caracterizan as falas do bloque central? Onde podemos atopalas?
  9. Que trazos caracterizan as falas do bloque oriental? Onde podemos atopalas? 
  10. Cantas linguas existen neste momento do mundo? En cantos Estados se distribúen? Cantas linguas están en perigo de desaparición a curto ou medio prazo? A que fai referencia a expresión "diversidade lingüística"?
  11. Explica os conceptos Estado monolingüe e Estado plurilingüe e sinala exemplos deles.
  12. Que teñen en común o multilingüismo e o plurilingüismo? A que se refire o multilingüismo? A que se refire o plurilingüismo? Poden ser simultáneos multilingüismo e plurilingüismo? Xustifica a túa resposta.
  13. Cantas linguas autóctonas se falan no Estado español? Cales son? 
  14. Onde se fala o galego? Cantos falantes se estima que ten o galego? Cantos deles están no territorio galego? Cal é o seu recoñecemento legal?
  15. Onde se fala o catalán? Cantos falantes se estima que ten o catalán? Cal é o seu recoñecemento legal?
  16. Onde se fala o éuscaro? Cantos falantes se estima que ten? Cal é o seu recoñecemento legal?  
  17. A que fan referencia os conceptos "lingua maioritaria" e "lingua minoritaria"?
  18. Sinala as diferentes situacións en que se pode atopar unha lingua en función do seu recoñecemento legal.  
  19. Cales son os principais cambios sociais en Galicia a finais do século XX?
  20. Que sinala en canto á lingua a Lei Xeral de Educación? De que ano é?
  21. Que sinala en canto á lingua o Decreto de 1975?
  22. Que sinala en canto á lingua a Constitución Española? De que ano é?
  23. Que sinala en canto á lingua o Estatuto de Autonomía de Galicia? De que ano é?
  24. Que sinala o artigo 5º, 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia?
  25. Que sinala en canto á lingua a Lei de Normalización Lingüística? De que ano é?
  26. A que se refiren as expresións "uso normal" e "uso oficial" do galego?
  27. Que 3 elementos deben conxugarse para que se dea a normalización?
  28. Que establece a Lei de Normalización Lingüística en relación ao ensino do galego?
  29. Que é o estándar lingüístico?







Semana do 15 de febreiro de 2016



4A 
luns
Aproveitaredes o luns para ir preparando as preguntas de sociolingüística de cara ao exame que logo seguiredes preparando na casa.
mércores e xoves
Expoñeranse Cousas de Castelao e seguiremos cos contidos de sociolingüística.

4B
luns, xoves e venres
Expoñeranse Cousas de Castelao e seguiremos cos contidos de sociolingüística.
Deberedes ir preparando as preguntas de sociolingüística de cara ao exame na casa.

4C
luns
Aproveitaredes o luns para ir preparando as preguntas de sociolingüística de cara ao exame que logo seguiredes preparando na casa.
martes e venres
Expoñeranse Cousas de Castelao e seguiremos cos contidos de sociolingüística.

*Lembrade que as exposicións serán todas seguidas unhas doutras co cal todo o alumnado deberá ir preparado para cando lle poida tocar expoñer.

COUSAS de Castelao 01



Comezamos a lectura colectiva de Cousas de Castelao co texto O pai de Migueliño.

Como xa vimos na aula, unha das características da prosa de Castelao é a súa facilidade para recrear escenas e ambientes. Isto fai que os seus textos se presenten como ideais para a súa adaptación ao cine.
Como exemplo disto, velaquí tedes a curtametraxe realizada por Miguel Castelo hai case xa 40 anos! (en 1977) sobre esta tan fermosa como crúa Cousa do autor de Rianxo.



  • Que lle engade Miguel Castelo ao texto orixinal? Que significado ten para a historia?
  •  Agora tócache a ti darnos a túa interpretación dun texto do libro de Castelao. Para comezares deixa un comentario nesta entrada reservando o texto que elixiches e indicando a túa aula (por exemplo: "Chamábanlle a Marquesiña" 4C). Lembrade que en cada aula non se poden repetir os textos.

#21diascogalego en código

Lendo unha entrada moi interesante de Xogos de Lingua de Carlos Medrano descubrín O código dos bailaríns.
  • Que é o código dos bailaríns?
  • Con que obra literaria se relaciona? De que autor da literatura universal? Cales son as obras máis coñecidas dese autor?
  • Cal é a cita de Castelao que se agacha na publicación de Carlos Medrano?

Velaquí tes o Código dos bailaríns. 



E aquí unha mensaxe secreta:


  • Descubre a mensaxe oculta e gaña positivazos!

  • Se che apetece seguir xogando, inventa unha mensaxe positiva para o galego e cífraa co código dos bailaríns. Pódeste axudar deste xerador automático. Captura a imaxe e publícaa no teu Twitter co cancelo #21diascogalego.

Os propósitos de Aninovo

Tes propósitos de Aninovo?
Esta TED do enxeñeiro de software Matt Cutts fala de como conseguir novos hábitos en 30 días. Este relatorio quizais che sirva de axuda non só agora, senón en calquera altura do ano porque sempre é  un bo momento para emprender novas aventuras persoais.





Cando comeza o ano, ou un novo curso, moitas persoas teñen o costume de realizar propósitos que logo unha importante porcentaxe da poboación non leva a cabo. En moitas ocasións o que falla é que asumimos propósitos que non son adecuados.


O orador (speaker) e instrutor (trainer) internacional RubénTurienzo indica unha serie de características que deben reunir os nosos propósitos para ser correctos para nós. É o denominado código MARTE segundo o cal, un bo propósito debe ser:

MMedible (Debe poder cuantificarse en que medida te vas achegando achegando á meta)

AAlcanzable (Adaptado ás túas capacidades, habilidades e contexto actual)

RRetador (Supón un reto para ti e te fai mellor)

TTemporal (Podes establecer un tempo concreto para a súa consecución ou para o seu desenvolvemento en caso de que se trate dun reto que requira algún tipo de adestramento)

EEspecífico (Ten un obxectivo concreto facilmente definible)

E o teu propósito cumpre o código MARTE?

Fontes:
Lázaro, M. (2013, decembro). Los ocho errores de la lista de propósitos de 2014. El Huffington Post. Recuperado de: http://www.huffingtonpost.es/2013/12/31/propositos-ano-2014_n_4523854.html 
Solano, F. (2014, xuño). Rubén Turienzo Conferencista español nos habla del código Marte. Radio Caracol. Recuperado de: http://caracol.com.co/programa/2014/06/16/audios/1402928160_277539.html