Amosando publicacións coa etiqueta 2013 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2013 b>. Amosar todas as publicacións
O Valego
Estes días mentres nós estamos a falar nas aulas do territorio lingüístico da nosa lingua, Henrique Costas presenta polas librerías galegas o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) publicado por Xerais.
Como vedes pode ser ben interesante coñecer como o galego se desenvolve alén das nosas fronteiras administrativas actuais.
E xa que falamos de galego no exterior, aproveitaremos para ver o vídeo de Alba e Henar, dúas rapazas do Bierzo.
AVISO IDENTIFICACIÓN DE DOCUMENTOS
Despois de máis de dous meses de curso considérase rematado o prazo de aprendizaxe do protocolo de entrega de traballos e envío de correos electrónicos.
De agora en diante, cando un correo se entregue correctamente recibirá a súa confirmación de recepción, se é entregado de xeito incorrecto non recibirá nada e considerarase non entregado o traballo.
Protocolo de entrega de traballos (identificación de documentos)
Sinálanse aquí as normas para a correcta identificación de documentos:
Identificación persoal
Estrutura: cursoegrupo_apelido_apelido_nome
*Nos traballos en grupo a identificación será a da persoa que se elixa como voceira ou persoa de contacto do grupo
Ex.:
4A_ponte_patiño_pilar
Arquivo
Estrutura: identificación_nomedoarquivo_nº
*O número indicarase só no caso de arquivos que formen parte de listaxes, p.ex. nos podcast. A numeración realizarase sempre con dous díxitos para o seu correcto arquivado.
Exs.:
4A_ponte_patiño_pilar_olecernamocidade
4A_ponte_patiño_pilar_aprofa_01
Correo electrónico
Estrutura: identificación asunto
Exs.:
4A_ponte_patiño_pilar O lecer na mocidade
4A_ponte_patiño_pilar Dúbida para o exame
4A_ponte_patiño_pilar Podcast Aprofa 01
Asuntos pendentes 2013/11/20
Para mañá xoves 21 de novembro. Comezaredes na clase a realizar as seguintes actividades e rematarédelas na casa.
Libro de texto
Páx. 23: 1, 2.
Páx. 30: 1.
Páx. 32: 4 (a, b, c, d, e).
Páx. 39: 1.
- Fai un esquema coas ideas principais do contexto histórico e situación sociolingüística no período 1900-1936. (Consulta as páxinas 36-39 do libro de texto para realizalo.)
________
* O 26 de novembro remata o prazo para ter entregadas as dúas primeiras entregas dos podcast.
* Para quen teña asuntos pendentes, lémbrovos que o domingo 24 de novembro todo o mundo deberá ter entregados por email os seguintes traballos:
- Presentación: 30 cousas sobre min.
- Texto: o meu cuarto.
- Texto: o lecer na mocidade.
- Texto: conto de medo.
Léxico - emprego
acredor
adebedar
alugar
alugueiro
asinar
banca
banco
banqueiro
busca de emprego
contía
contrato
contrato laboral
convenio colectivo
crebafolgas
desafiuzamento
desafiuzar
descanso
despedimento
empregado
entidade financeira
euríbor
financiamento
garantir
hipoteca
imposto
indefinido
indemnización
investir
mercado interbancario
orde de desafiuzamento
pagamento
patronal
poxa
prácticas
profesional
rendible
salario
sindicato
soldo
vacacións
venda
xefa
xornada
xuro
Podcast A Tabarra - Surfeando as ondas 01
Nesta cuarta entrega de Podcast A Tabarra traemos un programa de tertulia sobre as formas de lecer na mocidade por Santiago Devesa Lojo, Serxio Picos Souto, Carmen Ríos García e Yaiza Romero Rodríguez de 4A.
Parabéns!Podcast A Tabarra - Animalia 01
Nesta terceira entrega de Podcast A Tabarra traemos un programa sobre fauna por Laura Miguéns Santiago e César Piñeiro Olveira de 4C.
Parabéns para os dous!Podcast A Tabarra - Carrusel deportivo 01
Nesta segunda entrega de Podcast A Tabarra traemos un programa deportivo por Brais Betanzos Senise-Rosales,
Samuel Domínguez Vázquez e Darío Fernández Sánchez de 4B.
Parabéns para os tres!Podcast A Tabarra - GTA V 01
Nesta nova etapa, Podcast A Tabarra inaugúrase coa primeira entrega do programa GTA V sobre videoxogos realizado por Pablo Moure Rañó, Diego Pereira Davila e Alejandro Teira Chouza de 4C. Sabemos que aínda nos queda moito que perfeccionar en canto á técnica, sede comprensivos neste primeira entrega e sorprenderanvos nas seguintes.
Parabéns para os tres!
Música sen copyright
PÁXINAS DE MÚSICA LIBRES DE COPYRIGHT
1. Incompetech: http://incompetech.com/m/c/royalty-free/
2. Audionautrix: http://audionautix.com/
3. Last FM: http://www.lastfm.es/music/+free-music-downloads
4. Jamendo: http://www.jamendo.com/es/
5. Free music archive: http://freemusicarchive.org/
6. Música Libre: http://www.musicalibre.es/MUSICA/index.php
7. Musopen: https://musopen.org/music/
8. OPSound: http://www.opsound.org/pool/genre/
PÁXINAS DE SONS LIBRES DE COPYRIGHT
1. Audiomicro: http://es.audiomicro.com/free-sound-effects
2. Audiojungle: http://audiojungle.net/
3. Sampleswarp (Tamén hai música): http://sampleswap.org/
Entrada elaborada por Brais Betanzos Senise-Rosales de 4A coa colaboración doutros compañeiros.
Semana do 4 de novembro
![]() |
| Fofografía de Erik Johansson. |
- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ás de bolboreta de Rosa Aneiros. - O libro deberá estar rematado de ler na súa totalidade.
- Deberedes traer realizadas no voso caderno de aula as actividades:
28, 29, 30, 38, 39, 41 e 132 da guía de lectura de Ás de bolboreta.
- En cada aula realizaremos a entrevista laboral. As persoas que a teñen que realizar de cada aula xa están avisadas.
- Xa deben estar realizados: no caderno o exercicio 1 da páx. 10 do libro de texto, os exercicios das páxinas 12 e 13 e a redacción sobre o lecer na mocidade.
* Para calquera dúbida, coma sempre, pilarponteclases@gmail.com
Organización pola folga contra a LOMCE
Debido á folga convocada para esta semana fágovos un avance do que deberedes ter ao día para a vindeira semana e que así todo o mundo se organice como queira.
Para respectar o dereito do alumnado que asista á aula nos días de folga, este deberá traer libro de texto e caderno e realizaremos actividades dese libro e doutro que levarei eu. O alumnado que secunde a folga non deberá realizar esas actividades.
Distribución das sesións de aula da semana do luns 28
1ª Sesión
- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.
- Do libro deberedes ter lido como mínimo ata a páx. 91.
- Deberedes traer realizadas no voso caderno de aula as actividades 8 a 22 (ambas as dúas inclusive) da guía de lectura de Ás de bolboreta que se atopan no apartado 1.2.
- Cada grupo entregará nun pincho o arquivo co seu Podcast. O pendrive deberá ter como nome o nome do grupo. Lembrade que o arquivo do voso podcast ten que cumprir os seguintes requisitos:
- Título do programa ao inicio.
- Duración: 15 minutos.
- Deberán falar por un período máis ou menos semellante de tempo todos os integrantes do grupo.
- Deberanse dicir os nomes dos integrantes do grupo, o nivel (4º da ESO) e o centro (IES Pobra do Caramiñal) ao comezo do programa.
- Se incluídes música deberedes indicar a autoría ou ben no momento da súa reprodución ou ao final do programa.
- O formato do arquivo deberá ser mp3.
- O nome do arquivo terá o seguinte formato:
por exemplo
4A_Aprofa_01.mp3
- As locutoras e locutores deberán expresarse con fluidez e corrección.
2ª Sesión
- En cada aula realizaremos a entrevista laboral. As persoas que a teñen que realizar de cada aula xa están avisadas.
- Lembramos que xa debería estar realizado no caderno o exercicio 1 da páx. 10 do libro de texto.
- Ademais deberedes realizar tamén no caderno os exercicios das páxinas 12 e 13.
* Para calquera dúbida, coma sempre, pilarponteclases@gmail.com
Partes do corpo
![]() |
| Instalación de Spencer Tunick en Ámsterdan. |
PARTES
DO CORPO
A
CABEZA: o
curuto; a cara, face ou faciana; a fronte; a tempa, sen ou vidalla; a
orella; o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a
pupila ou meniña do ollo; a fazula ou meixela; a bochecha ou o
pómulo; o nariz; as ventas do nariz; a boca; o beizo ou labio; o
dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do
xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do
padal; a campaíña ou úvula; a gorxa; o queixo; a queixada (rexión
da meixela que se corresponde coa mandíbula); a papada, o papo (papo
da cara) ou a papeira; o colo ou o pescozo (non se pode utilizar
pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.
O
TRONCO: o ombreiro ou
ombro; a axila ou sobrazo; as costas; a omoplata; o lombo (dende os
ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do
lombo, pl. os cadrís); o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o
ano, o fecho ou o ollo do cu; o peito (xenérico); o peito, o seo, a
teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola; o ventre ou
abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira; a pube; a
vulva (coloq. a cona); o pene (coloq. o carallo): o testítulo
(coloq. o collón ou o ovo).
O
BRAZO:
o cóbado; o
antebrazo; o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno,
cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo; os dedos;
o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou
furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano,
medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.
A
PERNA: a ingua, éngoa
ou virilla; a coxa; o nocello; a sofraxe; a canela; o papo da perna;
o nocello, o noelo ou o tornecelo; o pé; a empeña; a deda; a planta
do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















